Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 09 de outubro de 2000 Páx. 13.837

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 29 de setembro de 2000 pola que se dispón a separación dun vocal do Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Tralas modificacións producidas nas titularidades de diversos centros directivos nesta consellería, resulta necesaria a renovación dun dos seus representantes no Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia.

Por iso, de conformidade co disposto no artigo 7.2º d) da lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (Inega),

DISPOÑO:

Artigo 1º

Separar a Ramón Fernández-Linares Bouzas da súa condición de vocal en representación da Consellería de Industria e Comercio no Consello de Administración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), agradecéndolle os servicios prestados.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio