Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 05 de outubro de 2000 Páx. 13.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

ANUNCIO.

Con data do 27 de setembro de 2000 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de abastecemento e saneamento en Sandiás (POL 2000), o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 15.302.500.

Fianza provisional: 306.050.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Proposicións: deberán presentarse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil (agás sábado) a aquel en que remata o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Sandiás. Tlf. 988 46 50 01. Fax 988 44 60 48.

Sandiás, 27 de setembro de 2000.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa