Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 05 de outubro de 2000 Páx. 13.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: contratación da execución das obras incluídas no proxecto de recuperación da canteira de extracción, a ceo aberto, de caolinita, para creación de lago fluvial con destino na zona de protección de fauna fluvial, zona deportiva fluvial, aula da natureza-centro de demostración rural, museo etnográfico-tecnolóxico tradicional da auga, observatorio subacuático e creación de zona verde perimetral. Concello de Mesía (II premio Breogán).

Orzamento: 30.000.000 de ptas. IVE incluído (180.303,63 euros).

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non se esixe de conformidade co artigo 25.5º do Decreto lexislativo 2/2000.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de setembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña