Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 05 de outubro de 2000 Páx. 13.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno Municipal en sesión de vintetrés de setembro último, o Plan parcial para ordenación do SUR-1 Predio Caracochas, do Pan xeral de ordenación municipal promovido por Inmobilaria Orensana-Monterrey, S.A., e redactado polo arquitecto Luis Pérez de Juan Romero, exponse ó público durante o prazo dun mes, a partir da publicación deste anuncio no DOG, para que poida ser examinado o expediente na secretaría municipal e presenta-las alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes.

Ó mesmo tempo faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición no ámbito do referido SUR-1.

O Pereiro de Aguiar, 26 de setembro de 2000.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde