Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 05 de outubro de 2000 Páx. 13.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de estudio de detalle da fronte marítima do peirao do Seixo.

Aprobación inicial.-A Comisión de Goberno, na sesión ordinaria do día 21 de setembro de 2000 aprobou inicialmente o estudio de detalle do frente marítimo do peirao do Seixo.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 44.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do

solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.-Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión ordinaria do día 21 de setembro de 2000 acordou a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para o ámbito determinado no devandito estudio de detalle, o que se fai público en cumprimento do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 22 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado