O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 22 de setembro de 2000 acordou someter a información pública o avance do Plan parcial do SRAU (solo rústico apto para urbanizar) nº 2 Os Corzás.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formula-las suxestións e propostas que se consideren pertinentes.
Suspensión de licencias.-Así mesmo, o Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 22 de setembro de 2000 acordou a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para toda a área do avance, tal e como se delimita no plano nº 3 de delimitación do ámbito de actuación, suspensión que se extinguirá no prazo dun ano, e, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan parcial.
O que se fai público en cumprimento do artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Mugardos, 22 de setembro de 2000.
O alcalde
Rubricado