Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 05 de outubro de 2000 Páx. 13.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do avance do Plan parcial do SRAU número tres Os Casás.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 22 de setembro acordou someter a información pública o avance do Plan parcial do SRAU (solo rústico apto para urbanizar) nº 3 Os Casás.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 41 do Lei 1/1997, do 24 de marzo, do

solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formular-las suxestións e propostas que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.-Así mesmo, o Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 22 de setembro de 2000 acordou a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para toda a área do avance, tal e como se delimita no plano nº 3 de delimitación do ámbito de actuación, suspensión que se extinguirá no prazo dun ano, e, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan parcial.

O que se fai público en cumprimento do artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 22 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado