Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 05 de outubro de 2000 Páx. 13.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do Plan parcial O Baño.

Aprobación inicial.-O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 22 de setembro de 2000 aprobou inicialmente o Plan parcial O Baño, así como a nova delimitación do polígono, tal como figura no plano nº 2 do documento.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Supensión de licencias.-Así mesmo, o Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 22 de setembro de 2000 acordou a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para toda a área do plan parcial, tal e como se delimita no plano nº 2 de delimitación do ámbito do sector, suspensión que se extinguirá no prazo dun ano, e, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan parcial. O que se fai público en cumprimento do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 22 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado