Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2000 pola que se aproba a ampliación do plan eólico estratéxico presentado pola empresa Made Energías Renovables, S.A. denominado P.E.E. Made Energías Renovables, S.A.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Made Energías Renovables, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Rúa do Castiñeiriño, 12-3º; 15702 Santiago de Compostela, sobre aprobación da ampliación do P.E.E. Made Energías Renovables, S.A.; esta consellería ten en conta os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 25 de abril de 1996 por resolución da Consellería de Industria e Comercio, apróbase o plan eólico estratéxico de Made Energías Renovables, S.A. publicándose no Diario Oficial de Galicia do 28-2-1997 coas seguintes características básicas:

* 17 áreas.

* Potencia: 443,2 MW.

* Prazo de execución: 10 anos.

* Investimento total: 71.426 millóns de pesetas.

* Plan industrial: 1.200 millóns de pesetas de investimento en 2 fábricas, 85/120 postos de traballo.

Segundo.-Con data 2 de setembro de 1999, Jerónimo Llomparts Homs Gómez, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A., solicitou a aprobación da ampliación do Plan Eólico Estratéxico denominado P.E.E. Made Energías Renovables, S.A., achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-A petición de aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 6 de setembro de 1999, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no BOE do 21 de setembro de 1999, e no Diario Oficial de Galicia do 16 de setembro do mesmo ano.

As características principais da ampliación do P.E.E. Made Energías Renovables Galicia, S.A. que foron sometidas á información pública son:

ParqueProvinciaTermo

Municipal

Coordenadas UTM

CarballeiraA Coruña-

Lugo

As Pontes

(A Coruña),

Muras, Xermade

1

2

3

4

5

595000

600000

600000

597500

595000

4812750

4812619

4810000

4809500

4812000

IncioLugoIncio, Samos,

Courel, A Pobra do Brollón

1

2

3

4

5

6

638000

642000

645000

637000

634500

635000

4729000

4726500

4716000

4717000

4721000

4725000

Pena VentosaLugo-

A Coruña

Ourol, Vivero e

O Vicedo

1

2

3

4

5

6

606000

609000

610000

607000

603000

603000

4836000

4836000

4833000

4823000

4823000

4830000

A RandaA CoruñaOrtigueira e

Mañón

1

2

3

4

595000

601000

601000

594000

4834000

4834000

4830100

4830375

VillamartínLugoBarreiros, Ribadeo, Trabada e

Lourenzá

1

2

3

4

5

6

7

644000

650000

652000

651000

643000

641000

638000

4819000

4819000

4817000

4813000

4814000

4814000

4816000

Val de

Lourenzá

LugoLourenzá, Trabada, Río Torto e

A Pontenova

1

2

3

4

5

6

7

641000

643000

647000

643000

639000

639000

638000

4814000

4814000

4800000

4800000

4805000

4806000

4806000

PontenovaLugoA Pontenova1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

647000

647763

648735

651104

651095

651430

651430

651104

651443

647000

4805000

4805000

4804070

4804520

4803339

4802721

4800867

4800249

4799000

4799000

Serra das

Penas

LugoParadela, Bóveda e O Saviñao1

2

3

4

5

6

7

614000

617000

621000

621000

615000

611000

612000

4738000

4738000

4726000

4721000

4719000

4719000

4734000

San SebastiánLugoChantada e

Carballedo

1

2

3

4

5

598000

601000

604000

605000

594500

4717000

4717000

4716000

4709000

4713000

CarballedoLugoCarballedo1

2

3

4

604000

606000

604000

601000

4709000

4705000

4703000

4708000

A PeroxaLugo-

Ourense

Carballedo e

A Peroxa

1

2

3

4

5

6

594000

595000

601000

603000

596000

594000

4708000

4708000

4706000

4702000

4703000

4704000

San RoqueA CoruñaCarballo, Coristanco e Tordoia1

2

3

4

5

6

518000

524000

527000

522000

522000

518000

4777000

4777000

4772000

4774000

4771000

4774000

A PicotaA CoruñaMazaricos1

2

3

4

502000

504000

504000

503000

4759000

4759000

4751000

4751000

San XustoA CoruñaBrión, Noia, Lousame e Rois1

2

3

4

5

6

517000

521000

522000

515000

514000

515000

4746000

4742000

4736000

4738000

4741000

4745000

ParqueProvinciaTermo

Municipal

Coordenadas UTM

Coto do

Espiño

PontevedraA Estrada, Silleda e Forcarei1

2

3

4

5

6

7

554000

557500

555000

555000

553000

550000

550000

4731000

4724000

4724000

4718000

4718000

4723000

4730000

SuidoPontevedra-

Ourense

A Lama, Avión1

2

3

4

5

6

7

8

555000

556000

557000

557000

553000

552000

552000

555000

4698000

4698000

4694000

4692000

4692000

4696000

4697000

4697000

ValdepereiraPontevedra-

Ourense

Lalín e O Irixo1

2

3

4

5

567000

572000

572000

570000

567000

4717000

4717000

4711000

4709000

4711000

Pico SecoPontevedra-

Ourense

Dozón, Piñón, San Cristovo de Cea, O Irixo1

2

3

4

5

6

7

8

9

576000

580000

580000

578000

576000

575000

576000

572000

572000

4715000

4713000

4709000

4705000

4704000

4708000

4711000

4711000

4713000

Montes

Paradanta

PontevedraCovelo, A Cañiza, Arbo, As Naves, Mondariz1

2

3

4

5

557000

559000

554000

550000

554000

4680000

4679000

4665000

4668000

4677000

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes solicitudes en competencia formuladas por:

1. Ercco.

2. Hidroeléctrica Dourol, S.L.

3. Fomensa Hispania, S.L.

4. Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

5. Planta Eólica de Galicia, S.A.

Cuarto.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en compentencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 30 de decembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do Plan Eólico Estratéxico, os criterios seguidos en forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito quinto, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista infraestructural en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Terceiro.-Nalgúns casos, existen solapamentos en determinadas zonas de distintas solicitudes de plans, sen que os seus promotores concorresen en competencia. Nos ditos casos optouse por asigna-la área á solicitude que se considerou que cumpre en maior medida os criterios de asignación.

Cuarto.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que conta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido á súa inviabilidade, tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da citada empresa que se detalla no anexo II, na estructura socioeconómica da Comunidade Autonómica de Galicia, sendo esta circunstancia un dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995,do 6 de xullo.

Do exposto extráese como consecuencia, que a ampliación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida pola peticionaria, e en consecuencia, que se debe conceder á empresa Made Energías Renovables, S.A. autorización para prosegui-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Desta forma, a ampliación do Plan Eólico Estratéxico pasa a constar de 5 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 80 MW.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

-Aproba-la ampliación do plan eólico estratéxico P.E.E. Made Energías Renovables, S.A. referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 80 MW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, consonte ó sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e Made Energías Renovables, S.A.

sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira: Made Energías Renovables, S.A. iniciará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executa-la dita formulación nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, agás imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente en prol de verifica-lo cumprimento do establecido neste punto.

Segunda: a modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución desta aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou dalgunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Terceira: Made Energías Renovables, S.A. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

Cuarta: a empresa Made Energías Renovables, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será a comprometida polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Quinta: a empresa Made Energías Renovables, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sexta: o presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, o abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da jurisdicción contenciosa administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interponer calquera otro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2000.

Juán Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no P.E. Estratéxico

ParquePotenciaProvinciaTermo

municipal

Coordenadas UTM

Carballeira20A Coruña-LugoAs Pontes, Muras, Xermade15950004812750
26000004812619
36000004810000
45975004809500
55950004812000

Pena Ventosa20Lugo-A CoruñaOurol, Viveiro, O Vicedo e Mañón16100004833000
26090004836000
36060004836000
46030004830000
56030004825500
66077504825500

Serra das Penas20LugoParadela, Bóveda e O Saviñao16140004738000
26170004738000
36210004726000
46210004721000
56150004719000
66110004719000
76120004734000

San Sebastián10LugoChantada e Carballedo15980004717000
26010004717000
36040004716000
46050004709000
55945004713000

A Peroxa10Lugo-OurenseCarballedo e A Peroxa15940004708000
25950004708000
36010004706000
46030004702000
55960004703000
65940004704000

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 80 MW.

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración de 5 anos 2 de investigación e 3 de desenvolvemento e suporá un investimento global estimado de 11.200 millóns de pesetas.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Made Energías Renovables, S.A. realizará a investigación de 5 áreas facendo un investimento total de 100.000.000 de ptas., alcanzando un investimento medio de 10.000.000 ptas./ano área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación cos do resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Made Energías Renovables, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

-Plan Industrial.

A empresa Made Energías Renovables, S.A. desenvolverá o dito plan realizando as seguintes actuacións:

1. Mantemento dos compromisos industriais iniciais adquiridos por Made Energías Renovables, S.A. mediante a aprobación do plan eólico inicial por Resolución de 25 de abril de 1996, compromisos

que se verán incrementados linealmente coa potencia concedida na presente resolución.

2. Como parte do dito mantemento de compromisos, Made Energías Renovables, S.A. establecerá contratos de subministración, xa sexa de forma directa

ou indirecta, con UMA Ibérica, S.A. durante o período de desenvolvemento dos parques eólicos recollidos na presente resolución para a fabricación de compoñentes de aeroxeradores por un importe anual de 250 MPTA.