Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/209-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. avda. Benito Vigo, 66.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 88 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente A Estrada, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na avda. Benito Vigo 66, no concello da Estrada. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 7 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra