Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se publica a resolución de imposición de sanción, do 13 de xullo de 2000, relativa ós expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos: OR-E-0180/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación, as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OR-E-0180/1999.

Denunciado: Rolicas, S.L. representante José Luís López Villanueva.

CIF: B-32225278.

Enderezo: r/ Valle Inclán, núm. 25, baixo. Ourense.

Establecemento: Pub Sitio.

Precepto infrinxido: artigo 23 o) da Lei 4/1997, que modifica a Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, en relación co 26 e) da citada lei.

Sanción imposta: suspensión da licencia, autorización ou permiso de apertura do establecemento denominado Pub Sitio, por un período de tres meses.

De conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 11 de agosto de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense