Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/205-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento avda. San Xoán, 32.

Situación: Poio.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente Sanxenxo (MUR 809), alimentando en bucle o centro de seccionamento que se proxecta na avda. San Xoán 32, no concello de Poio, rematando no punto de inicio da liña. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 7 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra