Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/204-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Infesta II.

Situación: Pontecesures.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Padrón-Devesa ata o C.T. que se proxecta en Infesta II, de 20 m de lonxitude, e desde o C.T. que se proxecta ata a L.M.T. San Xulián-Deputación, de 210 m de lonxitude, no concello de Pontecesures. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V. R.B.T., subterránea, de 160 de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra