Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. avda. Atlántida 58-B2.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 95 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña 7.28, na súa derivavión ó C.T. avda. Atlántida 58, alimentando un bucle o C.T. que se proxecta na avda. Atlántida 58-B2, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 7 de setembro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra