Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.748

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 30 do grupo III (programador/a) (lista B) publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 138, do 17 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 30 do grupo III (programador/a) (lista B), publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 17 de xullo), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír a Pablo Quintela Sotelo, con DNI 76.571.765 no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 2, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 2 e no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 5, en todos eles cunha puntuación de 2,19 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondientes.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública