Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 04 de outubro de 2000 Páx. 13.747

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 30 de maio de 2000, correspondente á categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) (lista B) do grupo V.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 19 de setembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Gumersindo Barral Rodríguez, contra a Resolución do 30 de maio de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) (lista B) do grupo V.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións do interesado, procede darlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 30 de maio de 2000, no sentido de que deben figurar na lista

para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) (lista B) do grupo V, cos datos seguintes:

Gumersindo Barral Rodríguez, DNI: 76.309.280, lista B, puntuación: 10.373 puntos.

-No posto número 8 para o ámbito D1500.

DNI: 76.309.280.

Apelidos: Barral Rodríguez.

Nome: Gumersindo.

Base 1: 6.923.

Base 2*: 3.45.

Base 3*: 0.

Base 4*: 0.

Base 5*: 0.

Base 6*: 0.

Base 7*: 0.

Base 8*: 0.

Total: 10.373.

* A suma da puntuación dos puntos b2, b3 e b4 non poderán exceder de 5 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública