Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 28 de xullo de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno acordou, por catorce votos a favor e once votos en contra aprobar definitivamente a

modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Ourense para a implantación dun equipamento termal na zona de mananciais, coñecida como Xardíns das Burgas, a pedimento de Basilio Martínez Serodio, en representación da mercantil Xardín das Burgas, S.A.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 5 de setembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente