Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública para xeral coñecemento a seguinte adxudicación:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de obra.

b) Descrición do obxecto: edificio con destino a comedor e usos auxiliares de gardería infantil.

c) Boletín e/u diario oficial e data de publicación de anuncio de licitación: DOG nº 126, do 29-6-2000 e BOP nº 154 do 6 de xullo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 14.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 31-7-2000.

b) Contratista: Construcciones Tarrío, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 14.000.000 de ptas., IVE incluído.

Oroso, 31 de agosto de 2000.

Eugenio Neira García

Alcalde