Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOBIOS

ANUNCIO.

Unha vez presentado polo equipo redactor-técnico o avance do Plan xeral de ordenación municipal deste concello, do cal se lle deu conta ó Pleno Municipal na sesión do día 30 de agosto último, ábrese un período de información pública durante un mes, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o devandito prazo os interesados e particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren oportunos.

Faise público de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Lobios, 25 de setembro de 2000.

Benito Vázquez Vázquez

Alcalde