Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 12 do PXOU-San Amaro.

A Comisión de Goberno, en sesión do 11-9-2000, aprobou, con carácter inicial, o Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación número 12-San Amaro, e formulado, mediante iniciativa particular, por Bernardo López Abadín, instrumento urbanístico de desenvolvemento do de carácter integral do municipio, subscrito polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, e constituido polo proxecto visado pola delegación en Pontevedra do COAG do 3-3-1999 e pola documentación complementaria datada en xullo de 2000, que anula e amplía o anterior en función de informe previo da Consellería

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose documento de natureza adicional ó PERI, o proxecto esixido pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, denominado de intersección da EN-541 coa U.A. nº 12 do PXOU, e seu plano modificado de intersección da EN-541, Ourense a Pontevedra, p.k. 92,150, subscritos polo enxeñeiro técnico de Obras Públicas, Isaac Fernández Fernández, visados polo seu colexio profesional o 29-10-1999 e 17-4-2000, facéndose constar, dada a natureza deste proxecto sectorial de estradas, que o documento complementario do PERI, na confluencia das avenidas do sistema xeral da U.A. nº 14 e a de Lugo deberá adapta-lo trazado das súas beirarrúas ó plano modificado do enlace, e que deberá estar visado con carácter previo á exposición pública do instrumento.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos), e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación, o abeiro do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non poidan ser notificados individualmente, ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou tentada a notificación non se puidera practicar.

Pontevedra, 20 de setembro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.En Luis Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Mar, rúa Sagasta, 6

Na librería Cousas, rúa Blanco Porto, 1

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.

Na librería Egea, rúa Sol, 74.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na Xunta de Galicia: edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN LUGO:

Na librería Souto, praza Maior, 14.

EN OURENSE:EN VIGO:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.Na librería Colón, rúa Colón, 22.