Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO da exposición pública da aprobación inicial do Plan parcial.

Aprobado na sesión plenaria do día 1 de setembro de 2000, con carácter inicial, o Plan parcial de iniciativa particular promovido por Fadesa, que desenvolve o predio O Pombal cunha clasificación de solo rústico común apto para urbanizar, ó oeste de redes, do vixente Plan xeral de ordenación municipal de Ares, redactado polos arquitectos Javier de la Colina Béjar e Bernardino Hernández Póveda, ó abeiro do artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, faise público que ó abeiro do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, tódalas áreas do territorio do ámbito do citado Plan parcial, ó se modificaren as determinacións do réxime urbanístico, quedan afectados pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 34 da citada Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ares, 8 de setembro de 2000.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde