Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de concurso de ideas para o deseño do complexo deportivo da Marosa de Burela.

O Pleno Municipal, en sesión do 15 de setembro de 2000, acordou a aprobación das bases e a convocatoria dun concurso público de ideas de deseño dun complexo deportivo nos terreos de titularidade

municipal da Marosa, na localidade de Burela, do mesmo termo municipal, debendo presentarse un anteproxecto da totalidade do complexo deportivo, e sendo as condicións de participación as contidas nas bases que en síntese se indican seguidamente:

a) Tipo de concurso e destinatario: anónimo e con inscrición previa á admisión dos concursantes, podendo concurrir persoas físicas ou xurídicas, cunha titulación oficial que lles permita, de resultar adxudicatarias, redacta-lo correspondente proxecto de execución das obras.

b) Orzamento de execución material da primeira fase do complexo: 350.000.000 de pesetas, cifra con base na que se formulará proxecto e obra, aínda que o anteproxecto debe abarca-la totalidade do complexo deportivo.

c) Prazo e lugar de presentación de inscricións e información: desde a publicación deste anuncio no DOG e BOP de Lugo, e ata o día 30 de novembro de 2000, nas dependencias municipais do Concello de Burela, sitas na rúa Pardo Bazán nº 6 en Burela.

Os interesados poden obte-las bases do concurso, instancia oficial e información que precisen na Casa do Concello de Burela, en horario de oficina, ata o final do prazo de inscrición (teléfono: 982 58 60 00 e telefax: 982 58 59 45).

d) Prazo de entrega de anteproxectos: ata as 13 horas do día 30 de xaneiro de 2001 nas oficinas municipais, tano entregándose en man como por certificado administrativo, rexindo a hora de entrega nas oficinas de correos.

e) Presentación de traballos definitivos: o concursante gañador comprométese a realiza-lo correspondente proxecto básico e de execución da primeira fase no prazo de dous meses desde que se lle formalice o encargo.

f) Premios: único: 1.000.000 de ptas., e o encargo das restantes fases do traballo, proxecto e, se é o caso, dirección de obra. Accésit: 500.000 pesetas.

O concurso e os premios poderán declararse desertos.

Burela, 21 de setembro de 2000.

Cristóbal Edrosa Fernández

Alcalde en funcións