Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO da exposición pública do proxecto de modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado na sesión plenaria do día 1 de setembro de 2000, con carácter inicial, o proxecto de modificacións puntuais do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, redactadas por Ceinsa, ó abeiro do artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Estas modificacións puntuais consisten en:

1. Desclasificación dos sistemas xerais viarios trazados ó NO, L e S. de Ares, e proposta dun novo trazado que, partindo desde a estrada de Mugardos (á altura de Barallados), conduza ó porto, aproveitando na medida do posible camiños públicos.

2. Recualificación de bolsas de solo rústico apto para urbanizar localizadas ó sur (porto) do núcleo urbano de Ares, e a súa cualificación como solo rústico común.

3. Recualificación dunha bolsa de terreo ó norte do núcleo rural de Lubre, na zona coñecida como A Telleira, que de solo rústico común pasaría a solo rústico común apto para urbanizar.

4. Modificación de aliñacións na confluencia das estradas C-401 e AC-123, para a mellora dos accesos e a seguridade vial na entrada á vila de Ares, mediante a creación dunha rotonda.

5. Modificacións derivadas do covenio urbanístico asinado entre o concello e Jenaro Fernández Piñón.

Así mesmo, faise público que ó abeiro do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, tódalas áreas do territorio das citadas modificacións puntuais, ó se modificaren as determinacións do réxime urbanístico, quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 34 da citada Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ares, 8 de setembro de 2000.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente