Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos enderezos expresados, correspondentes ó acordo de inicio de expediente de incumprimento de condicións de subvención, ó abeiro da convocatoria para 1998 do programa de deseño da Iniciativa Peme de Desenvolvemento Empresarial (orde da Consellería de Economía e Facenda do 31 de marzo de 1998; DOG nº 81, do 29 de abril):

Expediente: IPYME/DI/98/066.

Titular: Picaros Línea Bebé, S.L.

CIF: B-36164200.

Enderezo: avenida de Vigo, 91 baixo. 36940 Cangas (Pontevedra).

Acto que se notifica: acordo de inicio de expediente de incumprimento de condicións de subvención, do presidente do Igape, do 4 de febreiro de 2000.

Ábrese un prazo de 10 días desde esta publicación para que os interesados poidan efectuar alegacións.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente completo atópase na Subdirección de Programas de Axuda á Innovación da Área de Financiamento do Igape (complexo administrativo San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela), onde os interesados poderán comparecer para o coñecemento do contido íntegro do acto referido.

O que se fai público para os efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica