Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de setembro de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador ES-P-0009/2000, por infracción en materia de vivenda, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, o acordo de iniciación do procedemento sancionador ES-P-0009/2000, dictado polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 17 de agosto de 2000, por infracción do disposto no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, devolto polo servicio de correos.

Consonte co disposto no artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, de se-lo caso, para propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Así mesmo, en calquera momento do procedemento, poderá coñece-lo seu estado de tramitación e acceder e obter copias dos documentos contidos nel, nestas dependencias da Área Provincial do IGVS (r/ Alcalde Hevia, 7, Pontevedra).

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 11 de setembro de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ES-P-0009/2000.

Nome: Julio Portela Pintos.

Enderezo: r/ Progreso, 100, portal 2, baixo O (Sanxenxo).