Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de setembro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Mangarela e outros pertencentes á parroquia de Meder do concello de Salvaterra de Miño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión

que tivo lugar o día 24 de febreiro de 1999, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Meder.

Nome do monte: Mangarela.

Cabida: 50 áreas.

Lindes:

Norte: estrada a Salgosa.

Sur: predios particulares de: Constante Vázquez González. Herdeiros de Concepción Míguez Rodríguez. Antonio Pereira Suárez. Carmen Álvarez Míguez. Marcelino Días López e outros.

Leste: Bodegas Nosa Terra (Condasat).

Oeste: predios particulares de: José Vidal Pérez. Constante Vázquez González e outros.

Nome do monte: Pozo Novo.

Cabida: 20 áreas.

Lindes:

Norte: predios particulares de: Casiano Fontán Rocha. Miguel Álvarez Álvarez e outros.

Sur: predios particulares de curas do Rosal e outros.

Leste: termo municipal das Neves.

Oeste: predios particulares de: José Díaz Groba e outros.

Nome do monte: Portelo da Fonte.

Cabida: 90 áreas.

Lindes:

Norte: camiño.

Sur: predios particulares de: Manuel Veiga Amil. Miguel Álvarez e outros.

Leste: camiño Carambola. Predios de herdeiros de José Vicente. José González Míguez.

Oeste: predios particulares de: Constantino Vázquez González. Antonio Pereira Suárez. José Díaz Groba. Fernando Domínguez Díaz. Manuel Veiga Amil e outros.

Nome do monte: Lamas.

Cabida: 2 ha.

Lindes:

Norte: predios particulares de: César Francisco Rodríguez. Casiano Fontán Rocha. Fernando Domínguez Díaz e outros.

Sur: pista.

Leste: estrada ó monte e predios particulares de: herdeiros de Concepción Míguez Domínguez. Jesús Barbosa Valiño. Jorge Meleirón e outros.

Oeste: predios particulares de: César Francisco Rodríguez. Orencio Rodríguez Rodríguez. Carmen González Míguez. José Otero Lago e outros.

Nome do monte: Outeiro ou Casal.

Cabida: 1 ha.

Lindes:

Norte: camiño Aniceto.

Sur: predios particulares de: Antonio Pereira Suárez. Fita do Dego e outros.

Leste: predios particulares de: viúva de Ricardo González Rodríguez. Carmen Barros. Constantino Alonso Faustino e outros.

Oeste: predios particulares de: Faustino Pérez Fernández. Miguel Días López e outros.

Nome do monte: As Pedreiras.

Cabida: 1 ha.

Lindes:

Norte: termo municipal das Neves.

Sur: predios particulares de: Constantino Vázquez González. Adoración Fernández González e outros.

Leste: predios particulares de: Berbiana Pérez González. Carmen Barros. Manuel Pérez Polleiro. Josefa Fernández Álvarez e outros.

Oeste: camiño Moreira-Cristo.

Nome do monte: Do Cristo.

Cabida: 12 áreas.

Lindes:

Norte: propiedade de Antonio Álvarez.

Sur: pista Roda-Cristo.

Leste: capela do Cristo.

Oeste: propiedade de María Luisa Estévez Lage.

Nome do monte: Os Eidos.

Cabida: 5 áreas.

Lindes:

Norte: estrada Meder-Taboexa.

Sur: herdeiros de Carmen Roda Álvarez.

Leste: herdeiros de Carmen Roda Álvarez.

Oeste: herdeiros de José Portela Alvarez.

Nome do monte: Barrio da Luz.

Cabida: 18 áreas.

Lindes:

Norte: pista ó cemiterio.

Sur: herdeiros de Eugenia Paramés.

Leste: pista ó cemiterio.

Oeste: camiño público ó cemiterio.

Nome do monte: Barreira de Nogueiró ou A Fraga.

Cabida: 7 áreas.

Lindes:

Norte: propiedade de Manuel Veiga Veiga.

Sur: camiño público.

Leste: propiedade de Alberto González Grandal.

Oeste: propiedade de Manuel Veiga Veiga.

Nome do monte: Fontecoba.

Cabida: 4 áreas.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de: Manuel Veiga Veiga. María Ermitas Veiga Vidal. Pilar Rodríguez Rodríguez.

Sur: propiedades de: María Ermitas Veiga Vidal. Adelaida Veiga Vidal.

Leste: estrada local Nogueiró-Roda.

Oeste: propiedade Alberto González Grandal.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día siguiente á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación

cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 11 de setembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra