Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de setembro de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Ángeles Pérez Montoya, a resolución pola que se acepta a renuncia presentada por ela.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no último domicilio coñecido da interesada, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Ángeles Pérez Montoya a resolución do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data 26-7-2000, pola que se acorda acepta-la súa renuncia e, en consecuencia, declara-la finalización do contrato de arrendamento con recuperación da posesión da vivenda identificada como expediente: PO-83/510, conta: 32.

Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, consonte co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 13 de setembro de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-83/510 (expediente de desafectación P-024/00).

Conta: 32.

Nome: Ángeles Pérez Montoya.

Último enderezo coñecido: rúa Martínez Garrido, 71, 8º D (Vigo).