Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/203-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Mourente-Mouta (Rorís-A Carballeira).

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV. de 481 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde o apoio de derivación ó C.T. Rorís ata o apoio N. 1 da L.M.T. Mourente-Mouta, tramo Marín, no concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra