Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/451-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cimadevila II.

Situación: Portas.

Características técnicas: L.M.T., aérea a 20 kV, de 480 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 desde a L.M.T. Arcos ata o C.T. que se proxecta en Cimadevila II, concello de Portas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 622 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. desde o o C.T. existente de Cimadevila. R.B.T., aérea, de 1.422 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. que se proxecta en Cimadevila II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

...