Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/107-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.A. Tambre.

Situación: Noia e Outes.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea en triple circuíto a 20 kV, de 803 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte das saídas subterráneas da central Tambre II e final no paso aerosubterráneo xunto central Tambre I, que substitúe o tramo aéreo autorizado no expediente 50610. L.M.T. aérea a 20 kV de 467 m de lonxitude en conductor L.A.-56, que parte da L.M.T. de triple circuíto autorizado no expediente 50610 e final no apoio que se vai instalar na L.M.T.A. Pumar e Savín. Concellos de Noia e Outes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 7 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña