Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de setembro de 2000, conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consllería de Industria e Comercio, pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da Orde do 12 de xuño de 2000, conxunta da consellería da Presidencia e Administración Pública e de Industria e Comercio, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas correspondente ó Programa de apoio á I+D industrial, tecnoloxías industriais do Plan Galego de IDT para o ano 2000, en réxime de concorrencia competitiva.

As consellerías de Industria e Comercio e da Presidencia e Administración Pública dictaron a orde conxunta do 12 de xuño de 2000 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas correspondente ó Programa de apoio á I+D industrial, tecnoloxías industriais do Plan Galego de IDT para o ano 2000. Esta orde ten por obxecto:

a) Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada industrial.

b) Axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial.

c) Bolsas de terceiro ciclo en programas de doutoramento relacionados coa I+D industrial.

Na citada disposición, no seu anexo II, Axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial, establécese como requisito indispensable para o libramento da axuda a presentación, antes do 31 de outubro de 2000, da documentación acreditativa do investimento realizado nesta anualidade.

Tendo en conta o atraso con que foi publicada a devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que nos foron concedidas,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde das consellerías da Presidencia e Administración Pública e Industria e Comercio do 12 de xuño de 2000, ata o día 30 de novembro de 2000.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2000.

Jaime Pita VarelaJuan Rodríguez Yuste

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Industria

e Administración Públicae Comercio