Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.694

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente, pola que se adxudican as prórrogas de bolsas de predoutoramento, correspondentes ó Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas no anexo III da Orde do 26 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 8 de maio).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente do 26 de abril de 2000 (DOG do 8 de maio) aprobaba as bases que rexerán, entre outras, a convocatoria de prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación de medio ambiente (anexo III), correspondentes ó Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concederlles prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación en medio ambiente, ás persoas que se relacionan no anexo da presente resolución.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 26 de abril de 2000 (DOG do 8 de maio), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Terceiro.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 26-4-2000,

DOG do 8 de maio)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

P.D. (Orde 26-4-2000,

DOG do 8 de maio)

Juan Casares Long

Director do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental

ANEXO

ApelidosNomeDNI

Alonso PérezAna Isabel36.122.299 V

Cal PrietoMª Jesús32.797.745 K

Esteban GómezDavid32.816.723 R

Fernández FilgueraMª Cristina35.321.790 T

Piñeiro IglesiasMaría34.894.902 S

Umia CastroEdith53.171.981 Y