Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.693

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 224/2000, do 29 de setembro, polo que se nomea presidente do Consello da Xuventude de Galicia a José Ramón Rey Couselo.

Efectuada pola asemblea xeral do Consello da Xuventude de Galicia, na súa sesión do vintedous de xullo de dous mil, a elección de presidente do consello, resulta necesario que, de conformidade co establecido no artigo 18.3º da Lei 2/1987, do 8 de maio, o Consello da Xuventude de Galicia proceda ó nomeamento daquel en virtude da proposta da devandita asemblea.

Polo exposto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de setembro de dous mil,

DISPOÑO:

Nomear a José Ramón Rey Couselo presidente do Consello da Xuventude de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de setembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública