Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.693

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 223/2000, do 29 de setembro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento dun membro do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

A Lei 12/1993, do 29 de xullo, de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, crea, no artigo 14, o Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

O Decreto 14/1998, do 15 de xaneiro, establece a nova composición do Consello Asesor co fin de adaptalo á nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, así como polo Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Como consecuencia do cambio habido no representante do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), procede actualiza-la composición do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, en uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de setembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese Diego Diz Fernández como vocal do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 2º

Nomear a Margarita Rodríguez Rama vocal do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de setembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública