Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de delimitación da unidade reparcelable entre as rúas Quintela e Ramón Busch (expediente 4233/401).

O alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo resolveu, con data do 4 de agosto de 2000, a aprobación inicial do expediente de delimitación dunha unidade reparcelable sita entre as rúas Quintela e Ramón Busch, iniciada de oficio polos servicios técnicos da Oficina de Planeamento e Xestión, referida a unha superficie de 2.125 m e cos seguintes lindeiros:

-Norte: rúa Quintela.

-Sur: rúa Ramón Busch.

-Leste: edificio sito na rúa Quintela, 47.

-Oeste: edificio sito na rúa Quintela, 65.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOP e no taloleiro de anuncios da casa do concello, seguindo o establecido na lexislación vixente.

Signifícase que o prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público planta baixa da casa do concello.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 13 de setembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo