Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o concurso para a contratación dos servicios de conserxería e limpeza de instalacións municipais, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a referida contratación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Sanxenxo. r/ Consistorio, 4-6 E. 36960 Sanxenxo-Pontevedra. Teléfono: 986 72 00 75. Telefax: 986 72 10 22.

2. Modalidade adxudicadora: concurso público. Procedemento aberto.

3. Lugar de entrega: rexistro xeral do Concello de Sanxenxo.

4. a) Obxecto do contrato: a prestación dos servicios de limpeza e conserxería en instalacións municipais.

b) Prezo ou orzamento do contrato: 52.262.706 ptas., é o inicial 42.230.085 ptas.

5. Duración do contrato: 2 años, prorrogables a outros 2.

6. Solicitude de documentación: véxase punto 1.

7. a) Prazo para a presentación de ofertas: 52 días a contados desde o 8 de setembro de 2000, sempre que transcorresen xa quince días desde a última publicación deste anuncio nos diarios oficiais BOE, DOG ou BOP.

b) Enderezo: ver punto 1. Registro xeral.

8. Apertura de plicas: ás doce horas do sexto día desde o remate do prazo de presentación de ofertas. Acto público en el salón de plenos da casa do concello.

9. Fianzas e garantías: fianza provisional: 844.602 ptas.; se a oferta é por lotes, o 2% do prezo de licitación do lote correspondente. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación referido ás dúas anualidades do contrato.

10. Clasificación: grupo III: servicios. Subgrupo 6: limpeza e hixienización. Categoría: B.

11. Forma de pagamento e financiamento: ver prego de condicións.

12. Información adicional: os licitadores deberán presenta-las sus ofertas axustadas ó modelo de proposicións que figuran no prego de condicións e achegar, así mesmo, os documentos que no mesmo prego se sinalan.

13. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas 8 de setembro do ano 2000.

Sanxenxo, 8 de setembro de 2000.

Joaquín Domínguez Bea

Alcalde en funcións