Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase a seguinte licitación: o alcalde-presidente, por resolución da alcaldía do 23 de setembro de 2000, acordou darlle aprobación ó seguinte expediente:

1. Obxecto: nova pavimentación e remodelación urbana da Rúa do Medio.

2. Prezo: 24.123.318 ptas (IVE incluído).

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Anualidades: 2000 e 2001.

5. Sistemas de licitación: procedemento aberto e concurso público.

6. Prazo de presentación de ofertas: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns oficiais en publicalo (BOP e DOG).

7. Lugar de presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello, de luns a venres, das 9 ás 14 horas, ou en calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992.

8. Fianza provisional: 2% do prezo de licitación (482.466 ptas.).

9. Clasificación: esíxese.

O expediente está á disposición dos interesados na secretaría do concello, de luns a venres das 9 ás 13 horas. Pódese solicitar información no teléfono 981 86 00 75/981 86 00 76. O custo do anuncio será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 25 de setembro de 2000.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde