Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto do servicio de asesoramento, implantación e xestión dunha aplicación de tratamento da información do Servicio de Atención Cidadá do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Participación Cidadá. Nº expediente: 1/321.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación do servicio de asesoramento, implantación e xestión dunha aplicación de tratamento da información para o Servicio de Atención Cidadá 010.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: un ano desde a data da súa sinatura, podéndose prorrogar por períodos anuais ata un máximo de tres.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 20.000.000 de ptas./ano.

5. Garantías: provisional: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría A.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remata o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 15 de setembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde