Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso polo procedemento aberto da asistencia técnica para a explotación e mantemento da rede foronómica existente nas concas de Galicia-costa (A Coruña, Lugo e Pontevedra).

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador:

Organismo autónomo Augas de Galicia.

Praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

15704 Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 45 51.

Telefax nº: 981 54 16 76.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida:

Concurso polo procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación:

Clave: OH.088.160/AT.

Asistencia técnica para a explotación e mantemento da rede foronómica existente nas concas de Galicia-costa (A Coruña, Lugo e Pontevedra).

Orzamento: 75.822.611 ptas. (setenta e cinco millóns oitocentas vintedúas mil seiscentas once pesetas, equivalente a 455.703,070 euros).

3. Lugar de execución:

Provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable:

É a indicada no punto 5 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate:

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Os licitadores poderán presentar, ademais, se o estiman conveniente, unha variante ou alternativa, de acordo co indicado no punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 13 do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato:

24 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente:

Organismo autónomo Augas de Galicia. Praza Camilo Díaz Valiño, s/n. Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 45 51.

b) Data límite para presentación de proposicións:

9 de novembro de 2000, ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas:

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura:

Sala de xuntas de Augas de Galicia, día 22 de novembro de 2000, ás 10 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Fianza e garantías esixidas:

Fianza provisional: dous por cento (2%) do orzamento base de licitación (1.516.452 ptas., equivalente a 9.114,060 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do orzamento base de licitación (3.032.904 ptas., equivalente a 18.228,120 euros).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes:

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. De se-lo caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato:

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas, segundo o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

Tres meses conforme o artigo 89 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria:

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, letra a), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

17. Data de envío do anuncio:

18 de setembro de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

18 de setembro de 2000.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia