Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e execución, polo procedemento aberto, da obra saneamento de Foz e Barreiros (Foz e Barreiros-Lugo).

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador:

Organismo autónomo Augas de Galicia.

Praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

15704 Santiago de Compostela - A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 45 51.

Telefax nº: 981 54 16 76.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida:

Concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación:

Clave: OH.327.294.

Saneamento de Foz e Barreiros (Foz e Barreiros-Lugo).

Orzamento: 1.140.000.000 ptas. (mil cento corenta millóns de pesetas, equivalente a 6.851.537,990 euros).

3. a) Lugar de execución:

Concellos de Foz e Barreiros (Lugo).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra:

Incluído no prego de bases.

4. Prazo de execución eventualmente imposto:

36 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: .

O indicado no punto número 1.

6. a)Data límite de recepción das ofertas:

9 de novembro de 2000, ás 12 horas.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas:

O indicado no punto 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas:

Galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto con traducción oficial.

7. a) De se-lo caso, persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas:

Acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas:

22 de novembro de 2000, ás 10 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

La mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamiento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas:

Fianza provisional: dous por cento (2%) do orzamento base de licitación (22.800.000 ptas., equivalente a 137.030,760 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do orzamento base de licitación (45.600.000 ptas., equivalente a 274.061,520 euros).

Estas fianzas deberán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan:

Pagos á conta, de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co disposto no artigo 145 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (en diante LCAP).

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato:

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas, segundo a LCAP e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista:

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses conforme o artigo 89 da LCAP.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria:

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Grupo F, subgrupo 8, categoría e.

Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

17. Data de envío do anuncio:

18 de setembro de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

18 de setembro de 2000.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia