Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de incendios que se citan. (Procedementos 00/0131 e 00/0167).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da

Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7 de decembro) e máis do seu Regulamento do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López e secretaria a María Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación; poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999).

A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña, segundo o disposto no artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos (A Coruña).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 7 de setembro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: incendios 2000/0131.

Denunciado: Joaquín Romero Osende.

DNI: 32.104.541-Z.

Último enderezo coñecido: Fernando Macías, 20-8ºA.- 15004 A Coruña.

Feitos denunciados: queimar sen adopta-las debidas precaucións.

Tipificación: artigo 138.c) do Regulamento de incendios forestais en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e MAN, sobre medidas para a prevención de incendios forestais (DOG nº 17, do 20 de xaneiro).

Cualificación: moi grave.

Sanción imposta: 40.000 pesetas.

Expediente: incendios 2000/0167.

Denunciado: María Luisa Lorenzo Blanco.

DNI: 76.501.959-A.

Último enderezo coñecido: Vista Hermosa, 53-Goiáns. 15970 Porto do Son (A Coruña).

Feitos denunciados: queimar sen adopta-las debidas precaucións, sendo noite.

Tipificación: artigo 138.c) do Regulamento de incendios forestais en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e MAN, sobre medidas para a prevención de incendios forestais (DOG nº 17, do 20 de xaneiro).

Cualificación: moi grave.

Sanción imposta: 40.000 pesetas.