Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais que se citan. (Procedementos 00/0019 e 00/0023).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28 de marzo), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López e secretaria a María Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación; poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999).

A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña, segundo o disposto no artigo 39.3º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, antes citada, en relación co R.D. 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á reso

lución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos (A Coruña).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 7 de setembro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: conservación de espacios naturais 2000/0019.

Denunciado: Joaquín Bernard Danzberger.

DNI: 414.107-S.

Último enderezo coñecido: Paseo de la Habana, 18. 28036 Madrid.

Feitos denunciados: circulación do vehículo matrícula OR-7575-F, por zona prohibida dentro do Parque Natural de Corrubedo.

Tipificación: artigo 38.13º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co artigo 3.5º.e) do Decreto 139/1992.

Cualificación: leve.

Sanción imposta: 15.000 pesetas.

Expediente: conservación de espacios naturais 2000/0023.

Denunciado: José Ferreira Pastoriza.

DNI: 35.315.499-B.

Último enderezo coñecido: Amproa. 36140 Vilaboa (Pontevedra).

Feitos denunciados: circular co seu vehículo por zona prohibida dentro do Parque Natural de Corrubedo.

Tipificación: artigo 38.13º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co artigo 3.5º e) do Decreto 139/1992.

Cualificación: leve.

Sanción imposta: 15.000 pesetas.