Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación do litoral que se citan. (Procedementos 00/0005 e 00/0008).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 181, do 29 de xullo) e mais do seu Regulamento, do 1 de decembro de 1989 (BOE nº 297, do 12 de decembro), modificado polo R.D. 1112/1992, do 18 de setembro (BOE nº 240, do 6 de outubro), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López e secretaria a María Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación; poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999).

A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña, segundo o disposto no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e no artigo 4.2º do Decreto 151/1995, do 15 de maio, que establecen a súa competencia para imposición de multas de ata 15.000.000 de ptas.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defen

sa dos seus dereitos, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecunario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos (A Coruña).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 7 de setembro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: conservación do litoral 2000/0005.

Denunciada: Rosa Portals López.

DNI: 35.193.451-L.

Último enderezo coñecido: Agracobo, 58-Esteiro. 15250 Muros (A Coruña).

Feitos denunciados: construcción dunha caseta de bloques para depósito de auga potable en zona de servidume de protección, sen autorización.

Tipificación: Lei 22/1998, de costas: artigo 91.e, en relación co artigo 175.e do seu regulamento.

Cualificación: grave.

Sanción imposta: 14.500 pesetas e restitución das cousas ó seu estado anterior.

Expediente: conservación do litoral 2000/0008.

Denunciado: Santiago Domínguez García.

DNI:

Último enderezo coñecido: Lugar do Chazo, 9. 15930 Boiro (A Coruña).

Feitos denunciados: aumento na altura de peche de bloques en zona de servidume de protección, sen autorización.

Tipificación: Lei 22/1988, de costas: artigo 91.e, en relación co artigo 175.e do seu regulamento.

Cualificación: grave.

Sanción imposta: 7.360 pesetas e restitución das cousas ó seu estado anterior.