De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais da Localidade de Vilaboa-OAP Vilaboa, que abranguen os seguintes ámbitos:
Territorial: local.
Profesional: os profesionais integrados en tódolos oficios, gremios, comerciais, libres, actividades artísticas, agrícolas, gandeira, pesqueiras e tódolos que realicen un traballo por conta propia.
Asinan a acta de constitución: Genoveva Palmas Canda e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 12 de setembro de 2000.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra