Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.- Resolución do 4 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Álabe-Terral. (Expediente 059-EOL).

Advertido erro, na devandita resolución, publicada no DOG nº 185, do venres, 22 de setembro de 2000, cómpre efectua-la seguinte corrección:

Na páxina 13.279, onde di: «-37 centros de transformación de 2.000 kVA de potencia...», debe dicir: «-37 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia...».