Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de setembro de 2000, da Subdirección Xeral do Tesouro, polo que se fai público o extravío do xustificante de depósito provisional en metálico número 1265/1999, do 18 de agosto, garantindo a Gali-Phone, S.L., para os efectos da expedición dun duplicado.

Faise público o extravío do xustificante de depósito provisional en metálico nº 1265/1999, de data 18 de agosto de 1999, por importe de 250.000 ptas., garantindo á empresa Gali-Phone, S.L.

Requírese aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse o citado xustificante, para que nun prazo de dous meses o presente na Subdirección Xeral do Tesouro, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano en Santiago de Compostela.

Transcorrido o citado prazo a partir da data de publicación deste anuncio sen que tivese lugar a súa presentación, procederase sen máis trámite á expedición dun duplicado, con declaración nese mesmo acto da anulación do orixinal extraviado, que non poderá producir ningún efecto ante Administración nin ante terceiros.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2000

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro