Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 02 de outubro de 2000 Páx. 13.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se citan. (Expediente IN407A 97/107-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171 A Coruña.

Denominación: L.M.T. sub. a 20 kV. C.T. 250 kVA en Aríns-Devesa, inm. Galicia.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de

3(1x95) mm Al, de 210 m, con orixe no último apoio da liña que alimenta o C.T. Aríns e final no C.T. que se vai a instalar. Centro de transformación tipo interior, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Aríns-Devesa. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 5 de setembo de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións