Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán.

2. Obxecto do contrato.

-Execución das obras de proxecto de saneamento no Camiño Vello de Nigrán.

-Expediente nº 2000/116C.

-Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.820.862 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se require.

6. Obtención de documentación e información.

Na Casa do Concello de Nigrán. Teléfono: 986 36 50 00 ata o día en que remate o prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación das ofertas.

As ofertas presentaranse no propio concello ou mediante os sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións, e no prazo dos trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría C.

8. Apertura das proposicións económicas.

Na casa do concello, ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Modelo de proposición.

Contratación de obras de..... (indica-la denominación).

D/a....., con domicilio en....., núm. DNI....., en nome propio (ou en representación de.....) informado/a da convocatoria para a contratación de referencia, fai constar:

a) Que está en plena posesión da súa capacidade de obrar; non está incurso/a en ningunha prohibición para contratar coa Administración e reúne os requisitos de solvencia económica, financeira e técnica necesarios para o efecto.

b) Que acepta cantas obrigas se derivan do prego de condicións e se compromete a cumpri-lo contrato con estricta suxeición á normativa aplicable.

c) Outras circunstancias:

c.1. Comprométese a executa-las obras polo prezo total de pesetas..... (en letra e número).

c.2. Ofrece as seguintes melloras, segundo as previsións do prego:

(Lugar, data e sinatura do propoñente).

Nigrán, 18 de setembro de 2000.

José M. Rial Cadaval

Alcalde