Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000 referente á convocatoria para prover varios postos de traballo.

No BOP de Pontevedra, número 170, do 5 de setembro de 2000, publícase convocatoria e texto íntegro das bases xerais e específicas que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubri-los seguintes postos de traballo laborais fixos, incluídos na oferta de emprego público 2000:

Nº de postos: 1.

Denominación: asistente social.

Sistema de selección: concurso.

Nº de postos: 1.

Denominación: operario oficial 1ª encargado obras e servicios.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Nº de postos: 1.

Denominación: operario peón servicios varios.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Nº de postos: 1.

Denominación: limpador/a.

Sistema de selección: concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Meaño, 6 de setembro de 2000.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde