Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (expediente 266/2000).

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para a adxudicación polo Concello de Marín das obras de rede de sumidoiros en Casás, Bagüín, Moledo, Macenlle, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a adxudicación das obras da rede de sumidoiros en Casás, Bagüín, Moledo, Macenlle.

2. Prezo do contrato: 9.790.746 ptas. (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, das 9 ás 14, agás o sábado, que será das 9 ás 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. (Terase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións deste concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá proposición económica, abrirase na sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, terá lugar o día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 19 de setembro de 2000.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde